19/11/12

Un home e un can

Imaxe de Jutta Bauer
Érase unha vez un home que non tiña en quen mandar e adoptou un can.
Chegoulle a coller tanto afecto que non se separaba del. Un día foron dar un paseo polo mar, case os afunde un trasatlántico de Costa Crociera. Para sacárenlle o susto do corpo subíronos a bordo e convidáronos a uns vasos de té. Tamén participaron nas actividades do cruceiro e, nestas, o home perdeuse nunha colchoneta. Ao ver que o barco marchaba sen el, púxose a remar.
O home volveu á casa a remo e de alí a 15 días recibiu unha postal dende as Bahamas.




relato de :Sara e Aminata

25/09/12

Os vellos na novela ''Chamàdeme Simbad''

Na novela   que citamos  aparecen varios  vellos. O máis significativo deles é o avó do protagonista. Tamen ten un importante papel irmán taberneiro, malia que nos decatemos da sua presenza xa coa novela avanzada. Estes dous vellos son personaxes individualizados ainda que no relato aparecen moitos mais que teñen un papel de comparsa.

22/04/12

Certame Lingua de namorar

Imaxe da SXPL
"Nova edición de Lingua de Namorar, un concurso de mensaxes online que fomentará o uso do galego entre os mozos de entre 14 e 35 anos".
Bases, inscricións e categorías na páxina da SXPL.

13/03/12

V Certame de poesía Victoriano Taibo

Imaxe: http://axendaaelg.blogaliza.org/
A Entidade Local de Morgadáns convoca o V Certame de Poesía Victoriano Taibo. As bases figuran na páxina do Instituto de Estudos Miñoranos.
O prazo de entrega de orixinais remata o 31 de xullo de 2012.

29/02/12

Kafka e a boneca viaxeira (de Jordi Sierra)

Foto: El Ideal Gallego.
Eis a lectura que propomos para o vindeiro trimestre. Trátase dunha novela de Jordi Sierra i Fabra titulada Kafka e a boneca viaxeira. Como vén sendo habitual, traballarase como club de lectura.
Déixovos as seguintes ligazóns que poden ser de utilidade para o cometido:
  1. Un post con información xeral sobre Kafka e a boneca viaxeira.
  2. Un cuestionario que pode servir de guía de lectura.
  3. Propostas de actividades para traballar o léxico.
Como lugar de encontro para os membros do club de lectura utilizaremos este caderno dixital.
Abur.