10/10/13

Non sei...

Estoume estreando neste lerio de escribir no espazo dixital. Teño a mesma sensación que diante dun papel en branco, pero ante a pantalla do ordenador aínda me sinto  peor porque hai unha especie de pulga saltariqueira chamada cursor que me desafía e me pide texto insistentemente.