19/11/12

Un home e un can

Imaxe de Jutta Bauer
Érase unha vez un home que non tiña en quen mandar e adoptou un can.
Chegoulle a coller tanto afecto que non se separaba del. Un día foron dar un paseo polo mar, case os afunde un trasatlántico de Costa Crociera. Para sacárenlle o susto do corpo subíronos a bordo e convidáronos a uns vasos de té. Tamén participaron nas actividades do cruceiro e, nestas, o home perdeuse nunha colchoneta. Ao ver que o barco marchaba sen el, púxose a remar.
O home volveu á casa a remo e de alí a 15 días recibiu unha postal dende as Bahamas.




relato de :Sara e Aminata