15/03/14

CANTARES GALLEGOS- Rosalia de Castro

Has de cantar, meniña gaitera; has de cantar, que me morro de pena. Canta, meniña, na beira da fonte; canta,daréiche boliños do pote. Canta, meniña, con brando compás, daréiche unha proia da pedra do lar. Papiñas con leite tamén che daréi; sopiñas con viño, torrexas con mel. Patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces. ¡Que ricas que saben! ¡Que feira, rapaza, si cantas faremos...! Festiña por fora, festiña por dentro. Canta, si queres, rapaza do demo; canta, si queres; daréiche un mantelo. Canta, si queres, na lengua que eu falo. Daréiche un mantelo. Daréiche un refaixo. Co son da gaitiña, co son da pandeira, che pido que cantes, rapaza morena. Co son da gaitiña, co son do tambor, che pido que cantes, meniña, por Dios. II Así mo pediron na beira do mar, ó pe das ondiñas que veñen e van. Así mo pediron na beira do rio que corre antre as herbas do campo frorido. Cantaban os grilos, os galos cantaban, o vento antre as foias runxindo pasaba. Campaban os prados, Manaban as fontes antre herbas e viñas, figueiras e robres. Tocaban as gaitas. Ó son das pandeiras bailaban os mozos cas mozas modestas. ¡Qué cofias tan brancas! ¡Qué panos con freco! ¡Qué dengues de grana! ¡Qué sintas! ¡Que adresos! ¡Qué ricos mandiles! ¡Qué verdes refaixos! ¡Qué feitos xustillos de cor colorado! Tan vivos color

Sem comentários:

Enviar um comentário